Domingo 27 de Maio
O próximo Domingo a grupeta viaxará ata Vilagarcía de Arousa a XVII MARCHA CICLOTURISTA organizada polo Clube Ciclista Rodas. A saída da marcha será ás 9:30 horas dende a Praza da Pescadería de Vilagarcía. O percorrido farase polas seguintes localidades: Vilagarcia, Cambados, A Lanzada, Sanxenxo, Samieira, Monte Castrove (tramo libre), Barrantes, Cambados, Vilanova e Vilagarcía. Serán uns 100 km.
P.D.: Para aqueles que estean interesados, eu irei en bici dende Marin ata Vilagarcía, ida e volta, que serán xunto coa marcha aproximadamente 160 km. A saída será ás 8:10 dende a Farola de Marín.
Saúdos Luis. 629434471
No hay comentarios:
Publicar un comentario